martes, 10 de junio de 2014

Prepárate para irte do país...



Últimamente non sei que demos está pasando no noso país, a única saída que nos están dando tanto os nosos gobernantes como as institucións para traballar é que nos vaiamos do país...
Estou cansa de ver como as persoas que formaron as nosas universidades e as nosas escolas, entre as que me inclúo, non teñen cabida no noso país. E por riba, se te negas a ir porque tes lazos afectivos que consideras máis importantes que gañar uns euros máis, ou simplemente porque no fondo te negas a crer que ninguén queira aproveitar os magníficos recursos humanos, pertencentes a unha xeración ilustrada, preparada e capacitada sin precedentes na historia de España, mírante como un bicho raro.
Por qué temos que irnos da nosa terra? Acaso non chegou con que os nosos devanceiros tivesen que deixar todo para probar fortuna, e separar familias durante anos que nunca se recuperarán? Como filla de emigrantes digo: Basta!!! Temos medios humanos máis que suficientes como para facer unha industria propia!!! Só nos falta o que os corruptos nos roubaron en vez de investilos no futuro do país: os cartos.
Seguimos bailando ao son do que nos dicen os demáis, seguimos a pensar nos cartos para hoxe e fame para mañán. Así non se pode... Tódalas inversións do país se fixeron no sector inmobiliario, e no turístico. Chegáronse a pechar fábricas para crear solares. Ninguén, a pesar de que estudios económicos demostraban que se estaba a producir unha burbulla, quixo escoitar, e agora que a vaca enfermou e xa non dá máis leite, collen os cartos que lles quedan e fuxen para o extranxeiro e encontrar unha nova vaca que muxir...
E namentras, Europa rise de nós..., non nos dan solucións para crear máis postos de traballo, para renovar e reestructurar a industria española, non, iso non convén, a man de obra española está ben cualificada e ademçáis sae máis rentable que a súa propia, quédanse cos beneficios do seu traballo, coa tributación do seu salario,( xa que son rendas obtidas fóra de España), e coa súa contribución á Seguridade Social, a cambio dunhas migallas: o soldo. De novo, pan para hoxe e fame para mañá...
Os que decidimos quedar e intentar por tódolos medios sobrevivir, que obtemos a cambio?: Máis impostos, novas taxas, menos postos de traballo, menos becas para estudar aos nosos fill@s, condicións máis duras para poder acceder aos poucos postos de traballo que quedan...
Négome a formar parte da “fuga de cerebros” que agora mesmo existe no país, eu estudiei aquí e aquí quero deixar a plusvalía que os meus coñecementos poidan xerar... 

No hay comentarios:

Publicar un comentario